Comezamos

Taller de arte

Taller de arte

RESORTE comeza actividade cun taller grupal dentro da segunda edición de Intersección, Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo. Será o primeiro taller Interseccion LAB, e terá lugar na Fundación Luís Seoane nos días 24, 25 e 26 de outubro.

Para esta actividade seleccionamos por convocatoria aberta tres proxectos artísticos: As anguías non levan roupa, de Nuria Mosquera; Reality, de David Fidalgo e Ningún río me protexe de min, de Carla Andrade. Trátase de tres propostas que se achegan á realidade como problema, tentando liberala dos ríxidos esquemas do racionalismo (Carla), desdibuxando a liña que a separa da ficción que constrúe a memoria (Nuria), ou enfrontando a telerealidade como ficción delirante (David).
Confiamos en que o cruce destas tres miradas contribúa a que cada unha delas siga avanzando no seu particular camiño.

Neste taller tentaremos analizar as claves discursivas de cada proxecto: o que neles se quere contar e os recursos que se empregan para contalo, tanto a través da proposta plástica como doutras vías paralelas de comunicación.

Máis información na web de Intersección