informacion resorte

RESORTE é un servizo de seguemento e asesoramento para proxectos creativos.

RESORTE está especializado en ámbitos cercanos ás artes visuais (artes plásticas, fotografía e deseño), e dirixido tanto a profesionais como a afeccionados, estudantes, xestores culturais ou, en xeral, a persoas con actividade que implique o desenvolvemento de proxectos creativos.

RESORTE céntrase no seguemento individual, pero tamén prevé dinámicas de grupo. Para o seguemento individual realizarase en cada caso unha entrevista inicial (gratuita) na que se acorde o modo de seguemento personalizado. As dinámicas de grupo organizaránse segundo a ubicación, intereses e dispoñibilidade das persoas interesadas.

RESORTE ofrece ante todo atención personalizada: revisión a fondo dos proxectos e escoita ás personas que os desenvolven, construíndo un relato-diagnóstico global.

  • Valórase a adecuación entre as intencións comunicativas e os medios empregados ou previstos en cada proxecto.
  • Apúntanse formas de axuste na estrutura do proxecto, tanto formal como discursiva.
  • Analízanse as estratexias de comunicación no proxecto e sobre o proxecto (entenderse e que nos entendan).
  • Proponse unha estrutura temática, definindo a liña comunicativa central e as secundarias.
  • Propóñense posibles referentes ou fontes de consulta que poidan relacionarse co proxecto de maneira directa ou lateral.
  • Faise unha avaliación do equilibrio entre expectativas, capacidades e recursos (definindo cada un destes puntos en tanto que obxectivos concretos e medios para acadalos).
  • Faise unha previsión da posible ubicación do proxecto no contexto ao que vai dirixido.

O servizo non está especializado na asistencia ou formación técnica (manexo de ferramentas artísticas tradicionais ou de dispositivos tecnolóxicos), nin na asistencia de produción (presupostos, búsqueda de financiaciamento ou patrocinios, intendencia de transportes e montaxes, asesoría para subvencións ou convocatorias), aínda que sí contempla proporcionar información, referencias e indicacións básicas para localizar recursos deste tipo.

O seguemento será fundamentalmente individual (presencial ou a distancia)*, pero tamén se organizarán dinámicas de grupo nas que as persoas interesadas poidan inscribirse independentemente de que estén recibindo ou non un servizo individualizado.

*Actualmente, a atención presencial realízase na área urbana da Coruña. A atención a distancia realízase a través do correo electrónico do servizo: contacto@resorte.es (esta canle favorece os tempos de reflexión e o detemento que as dinámicas doutras canles de comunicación máis instantáneas tenderían a dificultar).

RESORTE está pensado para estudantes, profesionais e afeccionados relacionados con actividades creativas de compoñente visual (fundamentalmente arte, fotografía e deseño) que estén desenvolvendo proxectos (académicos, profesionais ou persoais) e que busquen dotalos dun valor diferencial, coherencia interna e estratexias efectivas para a súa comunicación:

  • Artistas plásticos que empregan medios tradicionais (pintores, escultores, grabadores, debuxantes…)
  • Fotógrafos (fotoxonalistas ou fotógrafos profesionais con vontade de autoría, fotodocumentalistas, fotógrafos artísticos…)
  • Deseñadores ou profesionais afíns aos ámbitos do deseño (deseño gráfico, editorial, de publicidade, decoración, deseño de espazos, deseño de moda…)
  • Artistas de novos medios (videoartistas, arte web, arte tecnolóxico…)
  • Afeccionados, estudantes ou xestores culturais vinculados a cualquera dos ámbitos mencionados, ben sexa de forma directa ou por interese persoal non relacionado coa súa actividade profesional habitual.

Exemplos de proxectos que poderían beneficiarse do servizo de seguemento serían a preparación e deseño dunha exposición, o inicio dun proxecto persoal, a preparación dun concurso de arte ou convocatoria pública de proxectos, un Traballo de Fin de Máster ou a edición dun fotolibro.

Enrique Lista (Malpica, 1977) é Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Técnico Superior en Gráfica Publicitaria pola Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Ten realizado investigación académica e actividades profesionais nos ámbitos da arte, o deseño gráfico, a fotografía e a xestión cultural.

Como artista espuxo individualmente na Fundación Luís Seoane, Zona “C”, Galería Adhoc e Sala Alterarte. Participou, entre outras, en mostras colectivas no MAC, MARCO, Centro Torrente Ballester, CGAC, Centre Civic Sant Andreu, Casa da Parra, Auditorio de Galicia, Fundación Laxeiro e Fotobienal de Vigo.

Ademáis de en catálogos, publicacións colectivas e/ou académicas, o seu traballo foi recollido nas publicacións individuais Un año de proyectos (Save As… Publications, Barcelona, 2013) e Enrique Lista. Situación (Centro Galego de Arte Contemporánea, 2008). Tamén ten publicado os libros Un Lugar. Dúas descricións inadecuadas (autoeditado con Héctor Pose, 2018) e Síntomas (Estraperlo, 2018).

Tanto no ámbito académico como fóra do mesmo, ten impartido docencia, talleres e conferencias. Entre as actividades máis afíns aos servizos ofrecidos en Resorte están os talleres de formación realizados en contextos académicos (Facultade de Ciencias da Educación, UDC, 2009 e 2011 / Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Uvigo, 2014-2015 e 2015-2016), o taller de desenvolvemento de proxectos realizado en 2018 no MAC (A Coruña) ou o seguemento personalizado dos artistas residentes neste mesmo museo entre 2015 e 2018.

Máis información