Servicios y tarifas resorte apoyo para proyectos creativos

Servizos

Entrevista inicial

Con cada persoa interesada realizarase sen custo nin compromiso unha entrevista inicial, para coñecer os seus intereses, obxectivos e expectativas con este servizo de seguemento.

A entrevista pode ser presencial ou virtual, nos tempos e polos medios que resulten máis axeitados para a persoa interesada.

Intentarase resolver cualquera dúbida sobre o servizo, analizando os aspectos en que se podería traballar e axustando un posible modo de seguemento individualizado.

Se a persoa interesada está conforme co modo de seguemento que se lle propón, concretase con ela o tipo de servizo e tarifa.

Atención individual por tempo

A modalidade máis flexible e adaptable do servizo é a contratación de módulos de tempo segundo intereses e dispoñibilidade. Un módulo equivale a unha sesión de atención presencial (2h) ou unha semana de atención por mail (contestando cada correo en menos de 24h).

Procurarase o axuste ás datas e horarios demandados, segundo dispoñibilidade e compatibilidade con outros compromisos de seguemento individualizado.

A atención demandarase cun mínimo de 36h de antelación, a resposta (afirmativa ou de búsqueda de nova data e horario) darase en menos de 24h trala demanda e o servizo concertado comezará a lo menos 12h máis tarde da confirmación. (Estes marxes responden aos tempos mínimos necesarios para a xestión do seguemento e preparación das sesións ou respostas a correos).

Bonos mensuais

Para casos de seguemento durante un longo período de tempo, contémplase a posibilidade de bonos mensuais, para atención presencial, virtual ou ambas.

Sesións grupais

Organizaránse sesións de grupo en lugares e datas comunicados con antelación nesta web e de forma directa a persoas que estén usando algún servizo de RESORTE.

Haberá un prazo de inscrición e as sesións realizaranse cun mínimo de 3 persoas asistentes (con menos confirmacións, a sesión quedaría anulada).

A inscrición será gratuita e o custo do taller terá un desconto para personas que teñan contratado ou contraten algún outro servizo de RESORTE.

O modelo básico de sesión grupal terá unha duración de 4h con un breve descanso intermedio e seguirá unha dinámica de presentacións e diálogo sobre os proxectos presentados.

As tarifas de cada modalidade de servizo serán pactadas con cada persoa segundo a súa demanda e circunstancias.

Pode solicitarse información de tarifas orientativas a través do correo electrónico de Resorte.