Resorte en Intersección 2020

Un ano máis, a actividade de Resorte estivo presente no festival Intersección, que tivo lugar na Fundación Luís Seoane da Coruña entre os días 28 de outubro e 1 de novembro de 2020.

Nesta edición, ademais da coordinación do taller LAB para desenvolvemento de proxectos por Enrique Lista, tense outorgado por primeira vez o “Premio Resorte” a un dos traballos presentados na sección “Escolas” do festival.

No LAB participaron @s artistas Lara Curto, Lucía Otero e Santiago Teijelo; e na última das tres sesións de traballo contamos con un panel de expertos formado por José Manuel Sande, Ricardo Lisboa e Salette Ramalho.

O Premio, consistente en 3 meses de seguemento dun proxecto creativo, recaeu sobre Antía Carreira, polo seu traballo “Ola Baby (Video-ensaio sobre a miña depresión)”.

Continuamos a actividade, e seguimos informando.

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin